A historia deXOCAS PEREIRA
Desde ben pequeno Xokas Pereira, grazas ao seu tío Vituco, enganchou co mundo da montaña. Fascinado pola riqueza natural do noso territorio enfocou a súa vocación cara a o montañismo e a escalada cunha permanente ansia de aprender e de rodearse de xente que o acompañou nunha aventura que hoxe é o eixe da súa vida.
O seu proxecto persoal FELICES, NO PERFECTOS, ofrece un achegamento ás montañas do territorio da Galicia Suroeste para as persoas que buscan unha experiencia iniciática, para outros e outras que queren afondar no mundo da escalada e integrando, tamén, a posibilidade de coñecer os valores culturais, etnográficos e medioambientais das nosas montañas.
Acompañados por el descubrimos unha desas montañas, o Galiñeiro, unha mole granítica de 711 metros que ofrece unha panorámica singular desde o seu cumio.






