A historia deVANESA IGLESIAS
‘Sin etiquetas’ é un proxecto para conseguir darlle unha oportunidade laboral a persoas con diversidade funcional intelectual. Ese é o traballo que desenvolve o Centro Juan María de Nigrán con rapaces e rapazas que precisan de confianza e integración para sentir que eles e elas son válidos para realizar actividades nas que, en principio, poden existir máis dificultades de adaptación.
En todo caso, ‘Sin etiquetas’ deu un paso adiante cando xurdiu a oportunidade de presentar unha oferta pola concesión dun negocio de hostalaría na Ramallosa (Nigrán). Lanzáronse á aventura e seleccionaron a un grupo de persoas para realizar a xestión da cafetaría, sempre apoiados por supervisoras que coordinan o seu traballo.
Hoxe, ‘Sin etiquetas’, é unha experiencia para sentir que as barreiras poden salvarse se existen as oportunidades para poder saltalas.






