A historia deTAMARA COSTAS
Lagharteiras simplifican o seu proxecto en algo tan sinxelo é tan complicado como manter o elo coa tradición oral e musical das mulleres que cantaban nas aldeas mentres facían os labores do fogar ou atendían a facenda. Esas músicas, eses toques e as letras que contaban os seus quefaceres ou as súas preocupacións son o eixe que dá sentido a Lagharteiras.
E as Lagharteiras propuxeron rescatar esa tradición para contala con naturalidade. Todo o grupo empeñouse en amosar esa diversidade, identificar e buscar as fontes para despois peneirar as súas recollidas e divulgalas respectando ao máximo ás formas de expresión da tradición. Empregan instrumentación propia desa vida popular e vesten ao xeito das mulleres de aldea para identificarse con elas e reivindicar o seu legado.
Escoitar a Lagharteiras é sentir a tradición viva das cantareiras en pleno século XXI. Sen adornos. Un pode pechar os ollos mentres as escoita e facer unha viaxe musical a un tempo perdido. Iso é o que dá sentido ao seu proxecto musical.






