A historia deSUSANA CABO 

Susana Cabo chegou por azar a Tui e axiña apareceulle por diante a oportunidade de coller un pequeno negocio que se traspasaba. Así naceu Porta da Pía, unha tenda pequena que desde hai anos ofrece unha escolma moi persoal de artesanía feita en Galicia.

Profundamente implicada coa vida do seu barrio Susana di que o seu propósito é ofrecer a posibilidade de mercar sendo máis consciente do que un se leva para casa. Enriba desa reflexión hai capas de conceptos como economía circular, sostibilidade e tamén a importancia que ten o pequeno comercio na vida da comunidade dunha vila.

Mantén contacto directo con creadores e creadoras da súa contorna, visita os seus obradoiros e tamén asiste a feiras especializadas; investiga, en definitiva, para coñecer o valor dos traballos do gremio artesán. Para ela é fundamental que Porta da Pía transmita esa calma que hai detrás dun consumo máis responsable.

Se non coñeces algo, non o podes amar, eu son unha persoa que transmito ese coñecemento a quen compra artesanía de Galicia.

― Susana Cabo ―