A historia deNURIA CERVERA
A vida de Nuria Cervera encontrou o seu sentido nunha dúbida. Que facer de maior? Animada polo seu pai decidiu aprender un oficio e, de casualidade, atopou na gastronomía un camiño para comezar a desenvolver as súas habilidades. Marchou a Suiza para formarse e chegou, de volta a Vigo, para poñer en práctica esas habilidades adquiridas.
Comezou de a pouco. Organizando xantares, festas privadas e vodas por encarga. Conseguiu a aprobación de todo o que facía e montou un obrador gastronómico para ir medrando e ampliar as posibilidades dun negocio que prometía.
No ano 2008, apareceu a oportunidade de conseguir a concesión do Pazo da Touza, na parroquia de Camos, en Nigrán. A partir de aí especializouse na organización de eventos, principalmente, vodas. Hoxe, case vinte anos despois, Nuria Cerveza Chefs, a súa marca, xestiona un espazo que organiza festas sen perder detalle no importante, buscar a satisfacción de quen decide depositar a confianza no seu estilo para organizar un evento inesquecible.






