A historia deMARTÍN CRUSAT

Os proxectos de vida, ás veces, nacen inesperadamente. Aconteceulle a Martín Crusat cando decidiu deixar Amsterdam coa súa parella para que nacera a súa primeira filla en Galicia. O destino quixo que ese nacemento coincidira coa morte do seu pai. De súpeto, Martín viuse empuxado a recoller o legado dos seus pais, case 2 ha de viñas que plantaran na parroquia de San Lourenzo en Goián (Tomiño).

Logo de formarse e de tomar a decisión de que ese ía ser o motor da súa vida, Martín comezou a asentar os valores e a filosofía de traballo de Adega do Vimbio. Aproveitando as variedades de cepas Albariño, Loureiro e Caíño quixo facer un viño “terroir”, é dicir, quería que o seu viño fora feito exclusivamente coas cepas da casa para que só falase a súa viña no produto final.

Convencido do seu traballo, Martín ocúpase de todo o preciso para dar a coñecer e divulgar unha herdanza que quere manter en homenaxe aos seus pais.

Apostamos por unha viticultura o máis sostible posible para ofrecer honestidade, naturalidade e autenticidade.

― Martín Crusat ―