A historia deLISI MARTÍNEZ
A observación da moita xente que facía o Camiño de Santiago foi a espita que serviu para acender a imaxinación de Lisi Martínez. E se non era mala idea buscar un espazo para facer un albergue de peregrinos? Ese foi o comezo dun proxecto que hoxe é unha realidade á entrada de Arcade, no concello de Soutomaior. Chámase, “A filla do Mar”.
Coa experiencia de ter feito o Camiño, Lisi procurou construír un espazo que colmase todas aquelas necesidades que precisa o peregrino para sentirse na casa e compartir unha experiencia con outros viaxeiros e viaxeiras que deciden emprender este roteiro cara Santiago de Compostela.
“A filla do Mar” é unha parada gustosa para moita xente que repite o Camiño. Son moitos e moitas as que deciden cumprir parada no albergue de Lisi. E Ela, mestres tanto, colecciona amigos e amigas que agradecen o seu proxecto.






