A historia deJUAN MANUEL RODRÍGUEZ

A pesca do choco é unha tradición asentada no interior Ría de Vigo. Alí, en fondos mariños tranquilos, esta especie ten todo o preciso para desenvolver o seu ciclo vital. A Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela vive deste pequeno cefalópodo que lle dá sona a unha vila que converteu o choco nun estandarte. “Choco de Redondela” é unha marca de orixe é de calidade.

Juan Manuel Rodríguez, un mariñeiro que chegou tarde ao oficio, leva quince anos traballando con dedicación na pesca do choco. Para saber como pescalo hai que tentar nos fondos onde decide desovar. Alí é onde se lanza a nasa do choco, un artefacto singular cun reclamo sorprendente, unhas pequenas ramas de piñeiro serven de cebo para que o choco decida deixar as súas ovas e de paso caer na trampa.

A importancia da conservación do choco de Redondela leva aparellados proxectos como o coñecido como bosque mariño, un lugar cheo de pólas de piñeiro somerxidas para facilitar a reprodución e conservación desta especie.

A pesquería do choco ten moita importancia, é un traballo duro, sacrificado, hai que madrugar, saír con días de choiva e vento, pero ten tanta importancia que a confraría depende seis meses ao ano da pesca do choco.

― Juan Manuel Rodríguez ―