A historia deGONZALO DOMÍNGUEZ
A Serra do Suído é un territorio por descubrir no interior da provincia de Pontevedra. Ese foi o motor que puxo en marcha a creación en 2018 da empresa Oitaven Life. Das conversas entre un grupo de tres amigos, Gonzalo, Javi e Toño, Oitaven Life aparece no concello de Fornelos de Montes para dar a coñecer a serra e a súa contorna, gozar das paisaxes, do seu patrimonio e combinar tamén con experiencias lúdicas.
A inversión de Oitaven Life en vehículos todoterreo, kayaks e pedaletas garante ese lecer e aventura por uns espazos privilexiados. O deseño dos seus roteiros, ademáis, fai posible o coñecemento da vida e da historia deste territorio.
No horizonte máis próximo Oitaven Life xa está planificando o futuro para poder ampliar esta experiencia na Serra do Suído. Un grupo de cabanas que xa están en proxecto permitirán pernoctar e vivir durante varias xornadas nun lugar que garda moitas sorpresas.






