A historia deCONSUELO FERNÁNDEZ
Case medio século de vida pasou desde que José Luís Benítez, Sito, decidiu que a pesca e comercialización da angula podía ser un negocio familiar rendible e con futuro. Desa inspiración naceu a empresa que hoxe envasa angulas do río Miño desde a parroquia de Goián, en Tomiño; un bocado que comeceu sendo popular na comarca do Baixo Miño e que hoxe xa é recoñecido como un produto moi delicado e tamén exclusivo, se atendemos ao seu prezo.
Consuelo Fernández, parella de Sito, tomou as rendas da empresa Angulas Río Miño, un viveiro que se encarga de mercar a produción de angulas aos pescadores de río que manteñen unha actividade de temporada que xera moitos recursos económicos na contorna e que complementan, ademais, coas capturas de lamprea e sábalo.
A importancia do coidado do río e a pervivencia destas pesquerías tradicionais van da man. O futuro da angula dependerá, en boa medida, de manter as condicións medioambientais óptimas para que siga entrando polo esteiro do río Miño.






