A historia deARIADNA CAMPOS

Rogelio Piñeiro tivo un soño. Mercar un vello castelo na parroquia de Tebra (Tomiño) de onde era veciño. Adquiriullo aos Marqueses de Esteva de las Delicias no ano 1976 grazas á íntima relación que mantivera con eles. Desde ese momento, Rogelio converteu a Torre de Tebra no seu leit motiv vital. Acompañado pola súa muller e os seus fillos a vella arquitectura defensiva pasou ser propiedade dunha familia da parroquia.

Todo o vínculo emocial da familia Piñeiro, desde aquela, está ligada a este castelo que é testemuña de todas as vicisitudes que tiveron que pasar para poder convivir cunha tarefa épica: reconstruír un Castelo para que a familia tivese unha casa e vivise o soño de Rogelio.

Hoxe A Torre de Tebra vive outra vida. A familia decidiu convertelo nun refuxio exclusivo con categoría de hotel boutique para aqueles que deciden fuxir do mundo. A neta de Rogelio, Ariadna Piñeiro, resume a súa filosofía expresando o seu propósito: “queremos regalar tempo”.

Eu quero regalarlle non aos meus clientes, aos meus hospedes que son como se fosen os meus convidados, eu lles quero regalar tempo. O que queremos é que se sintan coma en casa e que desfruten da casa, da nosa casa.

― Ariadna Campos ―