A historia deALBA BROULLÓN

Atopar unha vocación e convertela nun soño acontece poucas veces. Na vida de Alba Broullón iso apareceu cando estaba traballando en Holanda nunha multinacional. Botou o freo, reflexionou e decidiu emprender o camiño de volta a Galicia coa súa familia. O obxectivo era dedicarlle tempo a unha idea que hoxe leva o nome de Floresta Flores.

As flores e o seu cultivo ocupan todo o tempo na vida de Alba. Escolleu a terra e o clima do val Miñor para comezar a desenvolver todo o saber e a investigación realizada para cultivar flores e plantas. O xardín da súa casa é o espazo que nutre o seu proxecto.

Floresta Flores ten unha mirada diferente sobre a arte e o deseño floral efémero, un concepto que persegue o pracer e o deleite por transmitir algo máis

Tiña unha vida moi diferente, deixei o traballo, renunciei e me metín a intentar desenvolver o meu proxecto persoal.

― Alba Broullón ―