A historia deFRANCISCO TRONCOSO

Voar, ese anceio dos seres humanos que se conseguiu despois de moitas aventuras e desventuras. Ese é tamén o principal pasatempo de Francisco Troncoso. Todos os días está atento ao tempo meteorolóxico para saber onde pode sacar a pasear o seu parapente, un artefacto sinxelo que serve para planear libremente cando as condicións de vento o permiten.

Desde que descubriu esta posibilidade Fran quedou enganchado ao parapente, e diso xa hai máis de trinta anos. A afección e compartida polos compañeiros que forman parte do ‘Nortada Club de Parapente’, un grupo de persoas que están en contacto case a diario para buscar os lugares desde onde despegar e sentir o goce do voo en parapente.

No territorio de Galicia Suroeste teñen varios lugares para despegar desde a Serra da Groba. Segundo Fran, esta liña de costa é un privilexio para os namorados do voo en parapente, unha actividade para sentir a paisaxe a vista de paxaro. Todo un privilexio que comparten con aqueles que queren contratar esta experiencia. Podedes tentalo.

Realizamos unha actividade ecolóxica, non facemos ruído, mantemos limpos os espazos , vixiamos o entorno desde o ceo, coñecemos o espazo, os camiños….podemos servir de información.

― Francisco Troncoso ―